En plena primavera e cos nosos montes coloreados de xestas, Tonis convírtese no punto exclusivo de ventas da marca local XESTAS.
Dende o mes de abril podedes atopar a colección de Xestas en Verín, un revulsivo para a miña tenda xa que sempre foi referente en moda clásica par home, e agora tamén podedes atopar unha marca innovadora e local.
Os deseños propios de Xestas e a alta calidade dos tecidos que utilizan en camisetas, sudaderas e gorras, xa están converténdose na tendencia entre a mocidade de Verín.