En Tonis estamos sempre pendentes da moda para home, por iso falamos con algúns especialistas en regalos de nadal, e estes son os consellos que nos deron:
O amigo invisible: Merca unha paxariña ou unha garavata nun comercio do teu pobo, axudarás a dinamizar o comercio local e a manter os postos de traballo dos teus veciños e veciñas, e de paso a persoa que a reciba terá o complemento máis elegante para as noites de festa como aninovo ou a noite de reis. Pode que ninguén saiba quen foi o seu amigo invisible, pero terás feito un gran xesto.
Papá Nöel: Si tes pensado entrar pola cheminea non esquezas un cinto. Levo anos repartindo regalos por todo o mundo entrando pola chimenea e sei o importante que é levar un cinto para non perder a roupa con estas temperaturas… Ademáis en Tonis podo elexir entre diferentes cores e estilos, pel, sintético… da igual se vou vestido de Papa Nöel, ou de diario, sempre vou perfecto.
O apalpador: Leva un xersei de lá, e si pode ser feito en Ourense ou preto, mellor. Hai que abrigarse, cada ano veño dende as montañas do oriente de Galiza, toco as barriguiñas dos nenos e nenas e regálolles castañas, para que sempre teñan as barrigas cheas. Ás veces paro en fábricas galegas e aproveito para mercar xerseis fabricados aquí e de gran calidade. Eu xa son maior e prefiro un estilo máis clásico, pero cando lle levo regalos á xente máis nova elixo algúns con cores de moda ou con deseños actuais e orixinais.
Melchor, Gaspar e Baltasar, de gala ou para o día a día a camisa sempre presente. Moito se ten falado do noso estilo, que si moi clásicos, que si demasiado innovadores, confesámosvos que a nosa prenda estrela para viaxar dende Oriente, para saír en fin de ano ou para o día a día é unha camisa. Cada nadal, cando imos a Galicia paramos en Tonis, porque sabemos que alí atoparemos camisas fabricadas en España. Cando non imos en camello nin en carroza solemos combinala cunha americana.
A familia: o importante non son os regalos, o importante é que disfrutemos da maxia destas datas, que o ano que entra sexa un ano marabilloso, e que volvamos brindar cada nadal. Felices festas!!!