Damos un pasiño máis… Creamos esta web para estar máis preto de vos, dos que vivides en Verín, na Comarca de Monterrei ou máis aló de onde remata a provincia de Ourense.
Tonis Moda é unha tenda presente en Verín dende fai moitos anos, e dende fai 3 anos xestiónoa eu, chámome Eli e esta é a filosofía da miña tenda:
Dende o principio apostei por vender na tenda marcas feitas en España, por calidade e tamén porque é responsabilidade de todos elexir mercar produtos feitos cerca.
Na tenda podedes atopar camisas, pantalóns, punto, prendas de abrigo e traxes que están fabricadas en Ourense, Vigo, Albacete… Podedes vestir á moda sen renunciar á calidade.
Tamén aposto por estar en internet porque quero que os meus clientes e amigos que viven no rural ou lonxe da súa terra poidan coñecer de primeira man a roupa que poden atopar na tenda, e porque estou orgullosa dos valores de Moda Tonis: moda feita preto e de primeira calidade, e quero que sexan visible.
Falamos?
